Pimfer s.l.   Pinturas e impermeabilizacións Ferrol

Empresa de pintura de Ferrol fundada en febreiro do ano 2000. Integrados por completo no sector da pintura, tanto no interior como no exterior, impermeabilizantes e acabados decorativos.

Temos experiencia no tratamento de todo tipo de superficies en vivendas unifamiliares, bloques de edificios, locais comerciais, garaxes, reparación de gretas en todo tipo de soportes e obras do sector industrial, pintado de barcos, aeroxeradores,…

Executamos tanto obra pública como privada, así como obras para outras empresas. Contamos con profesionais experimentados e en constante formación, así como con colaboradores e distribuidores de categoría.

Sempre traballamos con produtos de primeira gama e a mellor calidade, con todas as garantías e certificacións necesarias para asegurar un traballo ben executado.

Empresa de pintura e impermeabilizaciones de Ferrol
Almacén e oficina da empresa de pintura e impermeabilizantes Pimfer de Ferrol, A Coruña

Os nosos clientes reciben a mellor calidade/prezo, cuns prazos de execución axustados, o que sumado á profesionalidade dos nosos empregados, convértenos nunha empresa de referencia no sector da pintura en Ferrolterra.

Ofrecemos asesoramento sen ningún compromiso previo á elaboración dos orzamentos sempre que é necesario, para axudar aos nosos clientes para escoller a opción que mellor se adapte ás súas necesidades e á súa situación persoal, facilitando en todo o posible a toma de decisións para obter o mellor resultado posible.

Non o pense máis e contacte connosco a través da seguinte ligazón ou envíe un correo a pimfer@mundo-r.com. Responderémoslle na maior brevidade e estaremos encantados de resolver calquera consulta ou encargo.

Pimfer Ferrol

Empresa de pinturas e impermeabilizacións en Ferrol

SERVIZOS

Pintura e impermeabilizantes

Fachadas e terrazas

Canlóns e cubertas

Aplicacións industriais

PROXECTOS

Galería fotográfica dalgúns dos nosos proxectos, tanto en obra pública como privada

CONTACTO

Para calquera consulta ou solicitude de orzamento acceda aquí ao noso formulario de contacto